Blogia
vgomez

CONTRADICCIÓN?

CONTRADICCIÓN?

Cambio climático / Imaxe:aericambioclimatico.wordpress.com

O pasado 17 de decembro de 2010, ao final da primeira década do século XXI, a revista Science complementaba a súa lista dos 10 descubrimentos máis importantes de 2010 cunha clasificación retrospectiva: Os dez mellores destes dez anos.

No décimo lugar aparece o Cambio climático e cita: Nunha década os científicos consolidaron os seus coñecementos do cambio climático confirmando que o planeta estase quentando, que a responsabilidade é, en grande medida, humana e que os procesos naturais seguramente non ralentizarán o quentamento.

Neste contexto sorprende a seguinte noticia: MORTE DO CAMBIO CLIMÁTICO.

Según publica ThinkProgress, o 50% dos novos republicanos no Congreso dos EEUU non cren que o cambio climático sexa causado polo ser humano, se é que este realmente existe. Así que é normal que unha das primeiras accións do novo Congreso fose acabar coa Comisión de Independencia Enerxética e Cambio Climático do Congreso. O xornal Politico publicou a noticia como un obituario: "O preciado comité do quentamento global dos Demócratas do Congreso morreu tranquilamente o mércores. Tiña catro anos".

Ver para cer!

0 comentarios