AURORA BOREAL EN SATURNO
Ilustración da mancha de luz ultravioleta preto do polo norte de Saturno xerada pola interacción coa lúa Encélado. KEN MOSCATI / ABIRYMER / JHUAPL (DATOS DE NASA / JPL / JHUAPL / U.COLORADO / CENTRAL ARIZONA COLLEGE / SSI)
A revista "Nature" faise eco dun estudo no que os astrónomos, grazas aos datos enviados pola nave Cassini, revelaron que Encélado, unha das lúas máis pequenas de Saturno, está unida ao seu planeta por unhas correntes eléctricas de longo alcance, como un feixe de electróns que van veñen entre ámbolos astros, provocando un fenómeno similar ao da aurora boreal.
O satélite, posto na órbita de Saturno en 2004, xa pasou a 500 quilómetros de Encélado 14 veces. Nesta última, recabou datos que indican que os chorros de gas e os grans xeados que emanan do seu polo sur cárganse de electróns, formando unha ionosfera. O movemento de Encélado e da súa ionosfera nesta burbulla magnética funcionaría en torno a Saturno como unha dinamo.
La áurea detectada, según os autores do estudo, mide cerca de 1.200 por 400 quilómetros, unha área similar á superficie de Suecia.
FONTE: El Pais/El Mundo.
0 comentarios