HUMOR OU REALIDADE: A MODA VERDE
Bolsa de plástico de la compra / Imaxe:consumer.es
Na fila dun supermercado, o caixeiro dille a unha señora maior: "Debería traer a súa propia bolsa, xa que as bolsas de plástico non son boas para o medio ambiente"
A señora pide desculpas e explica: “É que non había esta moda verde nos meus tempos”
O empregado contestoulle: “Ese é agora o noso problema. A súa xeración non puxo o suficiente coidado en conservar o medio ambiente”
A señora maior respondeu: “Ten razón. A nosa xeración non tiña esa moda verde neses tempos. Daquela, as botella de leite, as de gaseosa e as de cervexa devolvíanse á tenda, desta iban de novo á fábrica para ser lavadas e esterilizadas antes de enchelas de novo, de maneira que podíanse empregar as mesman botellas unha e outra vez. Así, realmente, reciclábanas.
Pero leva razón, non tiñamos moda verde nos nosos tempos. Subiamos as escaleiras, porque non había ascensores nas casas e oficinas, nin escaleiras mecánicas nos comercios. Ibamos andando ás tendas en lugar de ir en coches de ata 300 cabalos de potencia cada vez que precisabamos percorrer 200 metros.
Pero vostede ten razón, non tiñamos moda verde nos nosos tempos. Entón, lavábamos os cueiros dos bebés porque non había de usar e tirar. Secabamos a roupa en tendedeiros, non en secadoras que funcionan a 220 voltios. A enerxía solar e a eólica secaban verdadeiramente a nosa roupa. Os nenos usaban a roupa dos irmáns maiores, non sempre “modelitos” novos e de marca.
Pero está vostede no certo, non tiñamos unha moda verde nos nosos tempos. Daquela, tiñamos unha televisión, ou radio, na casa, non un televisor en cada habitación. E a TV tiña unha pantaia do tamaño dun pano, non unha pantaia do tamaño dun estadio de fútbol. Na cociña, moiamos e batiamos a man, porque non había máquinas eléctricas que o fixesen por nós. Cando empaquetabamos algo fráxil para envíalo por correo, empregabamos xornais engurrados para protexelo, non cartóns preformados ou boliñas de plástico. Neses tempos non acendiamos un motor e queimabamos gasolina só para cortar o céspede; usabamos un fouciño ou gadaña que funcionaba a músculo. Faciamos exercicio traballando, así que non precisabamos ir ao ximnasio para correr sobre cintas mecánicas que funcionan con electricidade.
Pero claro que está vostede no certo: non había neses tempos moda verde. Bebiamos da billa cando tiñamos sede, no canto de empregar vasiños ou botellas de plástico cada vez que tiñamos que tomar auga. Recargabamos as estilográficas con tinta, en lugar de mercar unha nova e cambiabamos as coitelas de afeitar en vez de tirar ao lixo toda a máquina afeitadora só porque a coitela perdera o filo. Pero eso si, non tiñamos unha moda verde por entón.
Naqueles tempos, a xente tomaba o tranvía o autobús e os rapaces ían nas súas bicicletas á escola ou andando, en lugar de usar á súa nai como taxista as 24 horas do día. Tiñamos un enchufe en cada habitación, non unha regleta de enchufes para alimentar unha ducia de “artefactos”. E non precisabamos un aparato electrónico para recibir sinais dende satéites situados a miles de quilómetros de distancia no espazo para atopar a pizzaría máis próxima.
Así que paréceme lóxico que a actual xeración se queixe continuamente do irresponsables que eramos, os agora vellos, por non ter esta marabillosa moda verde nos nosos tempos.
0 comentarios