Blogia
vgomez

ESPAÑA, TAMÉN O ÚLTIMO PAÍS DE EUROPA EN CALIDADE DO AIRE

ESPAÑA, TAMÉN O ÚLTIMO PAÍS DE EUROPA EN CALIDADE DO AIRE

Contaminación atmosférica / Imaxe:equilibrio.mx

España está á cola dos países europeos na calidade do aire. Un recente traballo da Axencia Europea do Medio Ambiente (EEA) sinalaba a España como o único país da Unión Europea que suspendía na emisión de tres dos catro principais gases contaminantes: dióxido de xofre, óxidos de nitróxeno, compostos orgánicos volátiles e amoniaco.

Pero para afondar máis na ferida, un informe que fará público a EEA mañá, luns 19 de marzo, e que hoxe adiantan algúns medios de comunicación, volven quitar as cores ás cidades españolas. O documento, chamado "Contaminación por ozono no verán de 2011 e comparación con anos recentes", volve situar a España entre os países que superaron os límites legais para este contaminante. Segundo o informe nos meses estivais de 2011 o 24,3% do territorio español estivo exposto a niveis de ozono por riba dos niveis permitidos durante ao menos 25 días, o que afectou ao 8,8% da poboación española. Pero se atendemos aos datos do verán de 2010, a cifra dispárase e os niveis tóxicos do ozono afectaron ao 70,1% do territorio e ao 28,1% da población. O ozono é un irritante que pode producir rinitis e irritación nos  ollos e mucosas.

O ozono que se atopa na denominada capa de ozono na estratosfera protéxenos da radiación ultravioleta procedente do Sol, pero na zona baixa da atmósfera (troposfera) é un potente contaminante.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

0 comentarios