Blogia
vgomez

ADAPTACIÓN: DENTES FLEXIBLES

ADAPTACIÓN: DENTES FLEXIBLES

 Dentes brandos e flexibles dun siluro / Imaxe:Tom Geerinckx. Universidade de Ghent (Bélxica)

Os dentes son considerados como o material máis duro do corpo, pero non en todas as criaturas. Por primeira vez, científicos descubriron uns dentes flexibles como goma nunha familia de peixes gato ou siluros. Segundo publica NewScientist, a miúda e branca dentadura destes peixes fan algo totalmente sen precedentes: cúrvanse.

As adaptacións para evitar os dentes rotos ou quebrados son ben coñecidas en distintas especies. Por exemplo, as raias e tiburóns téñenos un chisco frouxos. Pero nunca antes se viran dentes flexibles en ningún outro vertebrado. Esta característica favorece aos peixes gato, que habitan sobre todo nos mares de América do Sur, xa que utilizan a boca para raspar a comida das rochas e outras superficies duras. Se os dentes foran ríxidos, romperíanse con facilidade.

A flexibilidade destes dentes débese a que conteñen máis coláxeno e menos calcio, fosfato e magnesio que o resto do dente, segundo puideron comprobar os científicos nas súas análises realizados con microscopía electrónica, tomografía computerizada e espectrometría: "Os dentes son moi longos e delgados e teñen unha sección incorporada que é flexible". Un só dente pode dobrarse máis de 180 graos.

A evolución na natureza non deixa de sorprendernos!

FONTE: Xornal ABC/Ciencia.

0 comentarios