Blogia
vgomez

VOZ DE ALARMA NO ÁRTICO

VOZ DE ALARMA NO ÁRTICO

Océano Ártico durante a temporada de verán / EM

Un dos maiores expertos mundiais na evolución das capas polares, Peter Wadhams, da universidade de Cambridge, lanza a voz de alarma: O xeo do Ártico pode desaparecer por completo no verán no 2015 ou no 2016.

Wadhams dirixiu unha mensaxe urxente ao diario "The Guardian" na que advirte da inminencia dun "desastre global" pola desaparición do xeo nas latitudes nórdicas e critica a falta de acción dos Gobernos ante as sinais cada vez máis visibles do cambio climático.

Wadhams pasou varios anos estudando o grosor das capa de xeo do Ártico a partir dos datos enviados periodicamente por submarinos. Xa no 2007 predicíu o inminente fenda da capa de xeo e a aceleración na redución da superficie ocupada polo xeo, que pasou dun mínimo de 4,1 millóns de quilómetros cadrados ese ano a 3,5 millóns este ano.

No citado xornal advirte que a causa principal é simplemente é o quentamento global: con temperaturas máis elevadas fórmase menos xeo durante o inverno e derrétese máis rapidamente no verán.

A desaparición do xeo terá un lado positivo, como a maior facilidade para o transporte e acceso ás reservas de petróleo e gas, pero as implicacións serán terribles, pois contribuirá ao quentamento da auga e á aceleración do cambio climático, co derretemento do permafrost (o subsolo xeado) e a liberación de grandes cantidades de metano.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia.

0 comentarios