Blogia
vgomez

MAPA COMPLETO DO CEREBRO

MAPA COMPLETO DO CEREBRO

En verde, os puntos do cerebro cunha expresión xénica relativamente baixa. En vermello, os de alta expresión

Un mapa completo do cerebro. O primeiro que obtén información precisa e concisa do cerebro humano e que mostra, entre outros datos, que os cerebros humanos son moito máis similares do que se cría, pero bioquimicamente moito máis complexos, e que, ademais, neles se expresan o 84% dos nosos xenes.
Un atlas do cerebro que mereceu a portada de Nature e que servirá, entre outras cousas, para avanzar no coñecemento das diferentes rexións do cerebro humano, dos seus distintos circuítos funcionais e das enfermidades xenéticas que lle afectan.

Os autores do Allen Human Brain Atlas (Michael Hawrylycz e o seu equipo da Universidade de Edinburgo-Escocia), sinalan que proporciona unha plataforma para o estudo da función do cerebro humano, san e enfermo, e que permite facer comparacións entre os seres humanos, e entre estes e animais, o que é de especial importancia para o estudo das enfermidades humanas neurodexenerativas, como o párkinson ou o alzhéimer.


Entre outros achados, os datos mostran que un 84% de todos os xenes se expresan nalgún lugar do cerebro humano. Ademais, indica que, a pesar das múltiples personalidades da poboación humana, os nosos cerebros son máis similares entre si que diferentes. Así mesmo, ten visto que os hemisferios dereito e esquerdo non mostran diferenzas significativas na súa arquitectura molecular; isto suxire que funcións como a lingua, que xeralmente é manexada por un lado do cerebro, probablemente son o resultado de diferenzas máis sutís entre os hemisferios ou dunha variación estrutural no tamaño ou a circuitería.

FONTE: Xornal ABC /Ciencia

0 comentarios