Blogia
vgomez

A FIN DE EBB E FLOW

A FIN DE EBB E FLOW

Traxectoria final dos robots xemelgos da misión Grail ata chochar contra unha montaña da Lúa. / NASA/JPL-Caltech/GSFC/ASU

Ebb e Flow son as dúas naves xemelgas da misión espacial GRAIL . Estiveron a dar voltas á Lúa durante un ano, en formación unha tras outra, para facer o mapa gravitatorio dese corpo celeste, pero xa remataron, e os especialistas da NASA planearon a súa destrución controlada no chan lunar. Chocarán contra unha montaña, preto do polo Norte, hoxe luns. Primeiro impactará Ebb, ás 21.28 (hora peninsular) e despois Flow, 20 segundos máis tarde. Cada un destes artefactos ten o tamaño dunha lavadora e 200 quilos de masa; estrelaranse a 1,7 quilómetros por segundo.

As GRAIL  traballaron en órbita a unha altura de 55 quilómetros sobre a superficie da Lúa durante a maior parte da misión, pero o 30 de agosto pasado descenderon ata 23 quilómetros. Agora, antes do seu final destrutivo, teñen que facer un último experimento, esta vez de enxeñaría. Recibirán a orde de manter acendidos os seus motores ata que consuman todo o combustible, o que permitirá aos expertos coñecer con precisión canto queda nos seus depósitos, un dato importante para calcular o consumo en futuras misións e operalas máis eficazmente.

FONTE: Xornal El País/Ciencia


0 comentarios