Blogia
vgomez

VISIÓN DO HIPERESPAZO

VISIÓN DO HIPERESPAZO
 O hiperespazo, como o veriamos na realidade / U. Leicester

¿Cómo es de verdad el hiperespacio? Star Wars se equivocaba
Segundo Star Wars

Que vía de verdade Han Solo dende o Falcón Milenario? Estudantes de Física da británica Universidad de Leicester descubriron que a representación do hiperespazo que podemos ver en películas de ciencia ficción como Star Wars ten pouco que ver con como é en realidade. Na famosa «opereta espacial» cada estrela do ceo estírase ata converterse nunha liña ante os ollos da tripulación cando a nave viaxa á velocidade da luz. Non obstante, os estudantes cren que en realidade o que verían sería un disco central de luz brillante.

Os futuros investigadores cren que non habería nin rastro das estrelas debido ao
Efecto Doppler, o mesmo que fai que a serea dunha ambulancia teña unha frecuencia máis alta a medida que se achega.

O desprazamento ao azul ou
efecto Doppler é un fenómeno causado por unha fonte de radiación electromagnética (incluíndo a luz visible) que se move cara a un observador. O efecto implica que a lonxitude de onda da radiación electromagnética se acurtará.
A tripulación simplemente vería un disco central de luz brillante a medida que a radiación cósmica de fondo de microondas, a radiación deixada polo Big Bang e que se estendeu por todo o Universo de forma uniforme, se despraza no espectro visible.

Claro que será complicado que algunha vez sexamos capaces de ver estes círculos concéntricos, xa que, segundo científicos da Universidade Johns Hopkins, ao desprazarnos a velocidades próximas á da luz, os escasos átomos de hidróxeno que existen no espazo «baleiro» golpearian tan duro como as partículas aceleradas polo Gran Colisionador de Hadrones (LHC). Eses pequenos átomos rematarían connosco en cuestión de segundos.

FONTE: Xornal abc/Ciencia

0 comentarios