O CINTO DE ASTEROIDES DE VEGA
A estrela Vega, a segunda máis brillante no ceo do hemisferio Norte, ten un grande cinto de asteroides ao seu arredor, similar ao cinto de Kuiper en torno á Terra, máis alá de Neptuno.
O descubrimento, publicado na revista Astrophysical Journal, fixérono uns astrónomos da Universidade de Arizona (EEUU) con dous potentes telescopios espaciais de infravermellos (o Spitzer da NASA e o Herschel de la Agencia Europea del Espacio, ESA), deducindo que a arquitectura do sistema desa estrela é similar ao do Sistema Solar, mesmo con varios planetas, aínda que aínda non descubriron ningún alí. Tamén outro astro,Fomalhaut, ten un cinto de materia.
O Sol ten dúas bandas no seu ámbito: o cinto de asteroides situado, entre Marte e Júpiter, e o cinto de Kuiper, por fóra do planeta máis afastado. Son bandas de po e material remanente da formación do Sistema Solar, e orixe de asteroides e cometas. A banda interna está aí debido ao equilibro gravitatorio entre os planetas internos terrestres e os xigantes gasosos, mentres que a segunda está condicionada polos grandes planetas.
Vega e Formalhaut tamén teñen dúas bandas, unha interna máis quente e outra externa máis fría. Non se aprecian en luz visible polo brillo do astro, pero distínguense en infravermello. As dúas bandas de Vega e de Fomalhaut acumulan moita máis materia que os cintos de asteroides e de Kuiper no Sistema Solar debido, basicamente, a dúas razóns: por un lado, formaríanse a partir de nubes de gas e po máis masivas que a que deu orixe ao Sol; por outro, ao tratarse de estrelas novas tiveron menos tempo para "limpar o patio de casa", como din os científicos, porque os planetas varren a zona comprendida entre as bandas de entullos.
Vega e Fomalhaut son bastante parecidos, con masa aproximadamente o dobre da solar e ambas as dúas situadas a uns 25 anos luz de distancia da Terra. Son estrelas moi quentes que emiten sobre todo en luz azul e moito máis novas que o Sol, xa que a primeira ten uns 600 millóns de anos e a segunda, uns 400 millóns, mentres que o noso astro se orixinou hai uns 4.500 millóns de anos.
O cinto de Kuiper está a unha distancia da nosa estrela de entre 30 e 50 unidades astronómicas (UA, a distancia media entre a Terra e o Sol, é dicir, case 150 millóns de quilómetros) e é moito máis masivo que o de asteroides.
FONTE: Xornal El País/Ciencia
0 comentarios