Blogia
vgomez

QUENTAMENTO GLOBAL EN 2012

QUENTAMENTO GLOBAL EN 2012

 Viñeta de Ramón no xornal El País de onte

O ano pasado foi o noveno máis quente dende 1880, o que demostra a tendencia ao aumento das temperaturas que se está a rexistrar no planeta, segundo os últimos datos presentados pola NASA . Con excepción de 1988, os nove anos máis temperados nos rexistros que se teñen de 132 anos aconteceron dende 2000, cos récords 2010 e 2005. Pero o importante para os efectos do cambio climático non é un ano illado.

A temperatura media do planeta o ano pasado foi de 14,6 graos centígrados, é dicir, 0,6 graos máis que a mediados do século XX. Dende 1880, a temperatura subiu 1,4 graos, segundo os últimos datos do GISS (Instituto Goddard de Estudos Espaciais).

          Media de anomalías de temperatura entre 2008 e 2012 / NASA/GISS

Os investigadores recalcan que os patróns atmosféricos provocan sempre flutuacións nas temperaturas medias de ano en ano, pero a tendencia do quentamento global, provocada polo aumento da concentración de gases de efecto invernadoiro na atmosfera, emerxe da serie de rexistros anuais, aínda que ano non sexa sistematicamente máis tórrido que o anterior.

O nivel de CO2 na atmosfera era dunhas 285 partes por millón (ppm) en 1880 (o primeiro ano de rexistros de temperatura nas análises do GISS) e en 1960 a concentración era xa de 315 ppm, segundo informa a NASA. Actualmente, está por enriba de 390 ppm.

 As análises do GISS baséanse en datos meteorolóxicos de máis de mil estacións distribuídas por todo o mundo, así como de observacións da temperatura do océano tomada dende satélites e de rexistros de estacións na Antártida. Nestes estudos utilízase como liña de base a media de temperatura entre os anos 1951 e 1980. Dende entón só 1976 estivo por debaixo desa liña de base.

Cando nos daremos conta de que isto é moi serio!

FONTE: Xornal El País/Medio Ambiente

0 comentarios