Blogia
vgomez

A NEBULOSA DO MANATI

A NEBULOSA DO MANATI
A Nebulosa do Manatí, unha copia perfecta do animal boca arriba / NASA/Tracy Colson

En ocasións aparecen criaturas que flotan no ceo. Unha nova imaxe do remanente dunha supernova de 20.000 anos de antigüidade conseguida co  Very Large Array (VLA) de Novo México (EUA)Very Large Array (VLA) de Novo México (EUA), un dos observatorios radioastronómicos máis importantes do mundo, proporciona non só unha magnífica pareidolia, senón máis pistas sobre a historia desta nube xigante que se asemella a vaca mariña: o manatí de Florida. W50 é unha dos restos de supernova máis xigantescos nunca vistas polo VLA. Con case 700 anos luz de diámetro cobre dous graos no ceo, que é o lapso de catro lúas cheas.

A enorme nube W50 formouse cando unha estrela xigante, situada a 18.000 anos luz de distancia na constelación da Aguia, explotou como unha supernova hai 20.000 anos, enviando os seus gases cara ao exterior nunha burbulla en expansión.

A reliquia que queda, moi probablemente un burato negro, aliméntase do gas dunha estrela compañeira moi próxima. Este sistema coñécese como o microcuásar SS433 e, co tempo, os seus chorros abríronse camiño a través dos gases en expansión da burbulla W50.

Cando a imaxe de W50 do xigante VLA chegou á oficina do director do Observatorio Radioastronómico Nacional de EUA (NRAO), a asistenta executiva do director, Heidi Winter, viu a semellanza da imaxe cun manatí, os mamíferos mariños en perigo de extinción coñecidos como "vacas mariñas" que se congregan nas augas cálidas no sueste de Estados Unidos.

Os manatís de Florida miden uns 10 metros de longo, pesan uns 500 quilogramos e pasan ata oito horas ao día pastando nas plantas mariñas, polo que ocupan o resto do día descansando, moitas veces sobre as costas coas súas aletas cruzadas sobre o seu ventre, unha estampa que se asemella á forma de W50. Ademais, os perigosos encontros destes mamíferos con hélices dos barcos lesionan moitos destes animais, facéndolles profundas cicatrices, de aparencia similar aos arcos realizados polos chorros de grande alcance no remanente da W50.

Grazas á suxestión de Winter, o National Radio Astronomy Observatory adoptou un novo alcume para W50: a Nebulosa do Manatí.

FONTE: Xornal abc/Ciencia

0 comentarios