UN ANTIGO RÍO EN MARTE
Vista topográfica de Marte / ESA/DLR/FU Berlin (G. Neukum)
O val de Reull Vallis, no planeta Marte, pénsase que tivo auga tempo atrás. A sonda Mars Express da Axencia Espacial Europea (ESA) capturou coa súa cámara de alta resolución unhas impactantes fotografías da parte superior da rexión. Nelas obsérvase claramente a estrutura dun río, flanqueado por numerosos afluentes que atravesan o val, que se prolonga durante case 1.500 quilómetros. Estímase que podería ter chegado a ter case 7 km de ancho e unha profundidade de 300 metros.
Nas imaxes obsérvanse abruptas e escarpadas estribacións, o que se pensa que son consecuencia do fluxo glacial ao longo da canle durante o período Amazónico.
Os cráteres de arredor do antigo río formáronse moito despois do efecto da auga, se ben é certo que os expertos da axencia afirman que poden ser límites creados por ela antes de que se evaporase. Así mesmo pénsase que nalgúns deles hai actualmente gran cantidade de xeo.
A morfoloxía desta rexión encontra diversas similitudes coas rexións da Terra que sufriron procesos de glaciación. Os procesos que tempo atrás sufríu a superficie do planeta vermello non son moi diferentes aos que sofre nos nosos tempos o planeta Terra.
FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia
0 comentarios