2012: NOVENO ANO MÁIS CÁLIDO XAMAIS REXISTRADO
O ano 2012 foi o noveno ano máis cálido xamais rexistrado / Imaxe:ecofenomenos.wordpress.com
2012 foi o noveno ano máis cálido xamais rexistrado, a pesar do arrefriamento que trouxo consigo o fenómeno da Nena rexistrado a principios de ano. A Organizacion Metereolóxica Mundial (OMM), dependente de Nacións Unidas, estima nun dos seus últimos informes que a temperatura media da superficie da terra e do océano dende xaneiro a decembro foi superior en 0,45º, á media de 14º do período 1961-1990.
Os datos forman parte da declaración sobre o estado do clima mundial, que a OMM realiza todos os anos, e cuxos resultados serven para centrar as súas deliberacións nun Consello Executivo que se reunirá do 15 ao 23 de maio. O estudo reúne os principais efectos climáticos do ano e considérase unha fonte autorizada de información sobre temperaturas, fenómenos extremos, ciclóns tropicais, etc.
Con respecto a España, a única mención que fai o informe subliña un descenso do 37% das precipitacións entre xaneiro e marzo, o máis baixo dende 1947, e que, como consecuencia, o verán foi o segundo máis seco dos últimos 60 anos.
FONTE: Xornal El País/Medio Ambiente
0 comentarios