GALICIA TEN UNHA NOVA RESERVA DA BIOSFERA
Neste vídeo pódense ver as principais características da nova Reserva da Biosfera galega: Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
A UNESCO aprobou doce novas Reservas de Biosfera, entre elas tres españolas: Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, Terras do Ebro e Sitio real de San Ildefonso-El Espinar.
A rede mundial destes espazos naturais protexidos conta xa con 621 sitios en 117 países. España, con 45, convértese no segundo país do mundo en número destas reservas, por detrás de Estados Unidos.
A nova Reserva da Biosfera galega é Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (116.000 hectáreas, 190.000 habitantes): dous grandes ríos, o Mero e o Mandeo, sucan as súas terras, que albergan ecosistemas costeiros e de montaña cunha gran diversidade biolóxica. Os seus recursos naturais posibilitaron produtos naturais como aboamentos, mel, etc. e a conservación de razas autóctonas de gando.
A esta última hai que engadirlle: Área de Allariz, os Ancares lucenses e montes de Navia, Cervantes e Becerreá, o Río Eo, Oscos e Terra de Bouzón, Terras de Miño e Xurés-Xerês, o que fan en total o número de cinco.
As Reservas da Biosfera contribúen a protexer a biodiversidade e o desenvolvemento sostible da zona e os seus habitantes e promover a investigación científica.
FONTE: Revista Consumer
0 comentarios