AS LÚAS P4 E P5 DE PLUTÓN XA TEÑEN NOME
As novas lúas de Plutón (siñaladas con círculos vermellos) / NASA
Os novos satélites do planeta anano Plutón xa teñen nome recoñecido pola Unión Astronómica Internacional: Cerbero (Kerberos) e Estigia (Styx), segundo informou o Instituto Seti de Mountain View (EEUU).
Na mitoloxía grega Cerbero era o can de tres cabezas que vixiaba a porta do Hades, o inframundo. Estigia -tamén coñecido como Estix ou Éstige- era o río (ou lagoa) que separaba o mundo dos vivos do dos mortos.
Os nomes para os satélites xurdiron dunha enquisa en Internet, aínda que ningún dos dous logrou o posto número un nesta.
En primeiro lugar quedou Vulcano, o nome do planeta ficticio do que procedía Mr. Spock na saga ’Star Trek’, e que foi suxerido polo actor William Shatner, que interpretaba ao capitán Kirk na mesma serie televisiva. Non obstante, os científicos desestimaron este nome porque a palabra Vulcano xa se utiliza en astronomía.
O planeta anano Plutón ten cinco lúas. A cuarta foi descuberta en xullo de 2011 pola NASA e a quinta un ano despois. Ata agora denominábaselles como P4 e P5. As outras lúas de Plutón chámanse Caronte, Nix e Hidra, todos eles relacionados coa mitoloxía.
FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia
0 comentarios