IMAXE DA TERRA DENDE SATURNO
Imaxe da Terra vista dende Saturno / NASA
Un "pálido punto azul" dentro da inmensidade do Cosmos. Así é como a acaba de retratar a nave espacial Cassini da NASA, ao fotografar por primeira vez a Terra dende Saturno. A axencia espacial estadounidense fixo pública a imaxe, que se realizou o pasado 19 de xullo, obtida a uns mil millóns de quilómetros de distancia.
Na imaxe, a Terra ten o tamaño de "só un pixel" dende o punto de vista de Cassini (a 1.440 millóns quilómetros de distancia). O obxectivo foi capturar unha escena da Terra e os aneis de Saturno cos filtros da cámara espacial (vermello, verde e azul) de maneira que se poida ver a cor natural, ou o que poden ver os ollos humanos, de Saturno.
Cassini aproveitou a súa privilexiada posición nun acontecemento tamén moi especial: unha eclipse total de Sol que se puido ver dende o planeta dos aneis.
FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia
0 comentarios