O TOP 10 DAS NOVAS ESPECIES 2013 (VIII)
Semachrysa xade / Imaxe: Guek Hock Ping
O fotógrafo Hock Ping Guek obtivo a instantánea dunha fermosa crisopa (unha familia de insectos) verde con manchas escuras nas súas ás nun parque preto de Kuala Lumpur (Malaisia) e colgouna na web de imaxes Flickr. Shaun Winterton, entomólogo do Departamento de Alimentos e Agricultura de California, viuna por casualidade e pareceulle única. Guek mandou unha mostra a Stephen J. Brooks, do Museo de Historia Natural de Londres, quen confirmou que se trataba dunha nova especie: Semachrysa xade, en honor á filla de Winterton. Os tres prepararon a distancia unha descrición en Google Docs. É o denominado insecto das redes sociais.
FONTE: Revista Consumer
0 comentarios