PARQUE XEOLÓXICO DE PENA FURADA
No concello de Tomiño, parroquia de Figueiró, no monte propiedade desa parroquia, atopamos unhas formacións rochosas, modeladas pola forza da auga e do vento, que forman un fermoso conxunto paisaxístico que non só merece a pena conservar senón admirar.
Dende 2003 a asociación ecoloxista ANABAM promoveu a creación nese lugar dun parque xeolóxico natural, que podería levar o nome de “Pedra Furada”. Nel incluiríanse tamén as antigas minas cunha ruta que podería chegar ata o lugar coñecido como Caldeirón, un rochedo granítico duns tres metros de altura polo que discorre o regueiro Fábrica. No ano 2005, esta asociación ofreceu o seu asesoramento e mesmo colaboración para solicitar subvencións e a declaración deste espazo como Monumento Natural.
Este vídeo, realizado pola citada asociación, amosa o citado lugar. Visitádeo, merece a pena!
FONTE: La Voz de Galicia e Anabam
0 comentarios