GJ 1214b: UNHA "SUPERTERRA" CON ATMOSFERA DE AUGA
Representación artística doo tránsito do GJ 1214b arrededor da súa estrela / NAOJ
Un equipo de científicos xaponeses parece ter resolto o misterio da composición da atmosfera da "superterra" GJ 1214 b, un planeta descuberto en 2009 fóra do Sistema Solar nun proxecto que se centrou na busca de mundos habitables.
Dende que se descubríu a súa existencia, non se lograra definir se a súa atmosfera estaba composta por auga ou por hidróxeno. Pero os investigadores xaponeses lograron establecer a partir da observación do planeta e de resultados obtidos con anterioridade, que a súa atmosfera é rica en auga.
Como ferramenta, os científicos usaron o espello de 8.2 metros do telescopio Subaru , en Hawai. Os achados sinalan que GJ 1214 b non mostra unha forte dispersión de Rayleigh, que podería predicir unha atmosfera sen nubes e dominada por hidróxeno. A dispersión de Rayleigh é a difusión que sofre a luz cando atravesa sólidos ou líquidos transparentes pero que se ve con maior intensidade a través de gases.
As "superterras" son planetas similares ao noso que orbitan arredor de estrelas fóra do sistema solar, aínda non se lograron determinar as súas propiedades con detalle. Do GJ 1214b sábese que ten un raio superior ao da Terra e atópase a unha distancia de 40 anos luz ao noroeste da nosa galaxia, a Vía Láctea. O astro xira arredor da estrela GJ 1214 .
Ata agora os científicos só poden estudar un pequeno número de "superterras", pero a situación cambiará cando o Satélite de Sondaxe de Exoplanetas en Tránsito (TESS) , busque planetas habitables co seu potente telescopio a partir de 2017.
FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia
0 comentarios