Blogia
vgomez

AS TEMPERATURAS MÁXIMAS EN ESPAÑA AUMENTARÁN ENTRE 5 E 8 GRAOS ATA 2100

AS TEMPERATURAS MÁXIMAS EN ESPAÑA AUMENTARÁN  ENTRE 5 E 8 GRAOS ATA 2100

Quentamento do planeta / Imaxe: 777noticias.com

As temperaturas máximas subirán entre 5 e 8 graos centígrados e as chuvias diminuirán en España ata 2100 a causa do cambio climático, o que provocará diversos impactos na agricultura, a saúde e nos recursos hídricos. Estas son as conclusións máis importantes sobre o impacto do quentamento global no noso país presentadas no novo informe do Panel Intergobernamental de Cambio Climático (IPCC) da ONU.

No informe definitivo (AR5) do Grupo I de Traballo do IPCC, que se publicou a semana pasada en Estocolmo (Suecia), o panel de científicos prevé que na rexión Mediterránea e no norte de África, o incremento medio da temperatura será, sobre todo no norte de África e en Sahara occidental.

Non obstante, os expertos proxectan que as temperaturas máximas diúrnas se elevarán aínda máis, entre 5 e 8 graos centígrados en España, Portugal e o resto dos países do sur de Europa, como Francia, Italia, Eslovenia, Croacia, Hungría, Romanía, Bulgaria, Bosnia Herzebovina, Servia e Montenegro, Albania, Macedonia, Grecia e Turquia

De forma xeral, as precipitacións anuais descenderán nos países do sur de Europa, "especialmente" en Portugal e España, así como en Macedonia, Grecia, Turquía, Bulgaria, Albania e Serbia e Montenegro.

Igualmente, os científicos prevén unha diminución da nebulosidade e a humidade na zona Mediterránea así como unha caída do 40% no nivel anual de escorrentías en España, Portugal, Marrocos e outros países da rexión.

Segundo o documento do IPCC, o quentamento do clima provocará esta serie de efectos e impactará en cuestións básicas para a humanidade como os recursos acuáticos, a seguridade alimentaria, a saúde humana, a biodiversidade e os ecosistemas, así como no nivel do mar. Concretamente, advirte do incremento das secas e do estrés hídrico debido ao declive das precipitacións durante a tempada seca, así como do aumento da duración das secas.

Así mesmo, diminuirá a recarga dos acuíferos como resultado da menor cantidade de precipitación, ao tempo que aumentará a poboación da rexión e, polo tanto, a demanda de auga. Así, este descenso das precipitacións e o aumento das secas afectará á produción dos cultivos de secaño e á demanda de auga para consumo humano e para usos industriais.
 

Un fururo arrepiante, e coma sempre, culpa do home no 95% con certeza!

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

 

0 comentarios