Blogia
vgomez

10 CURIOSIDADES SOBRE A LÚA (IV)

10 CURIOSIDADES SOBRE A LÚA (IV)
Centos de explosións rexistradas na Lua dende 2005. A maior rexistrada, no punto vermello / NASA

Dende fai xa oito anos, os astrónomos escrutaron a Lúa en busca de explosións causadas polo impacto de meteoritos sobre a superficie do noso satélite. E decatáronse de que eses impactos son moito máis comúns do que ninguén tivese esperado. De feito, observáronse xa varios centos deles. Pero o pasado 17 de marzo, os investigadores rexistraron a maior explosión lunar de toda a historia deste programa.

O obxecto que causou a explosión era unha rocha de apenas 30 ou 40 cm e uns 40 kg de peso que caeu a unha extraordinaria velocidade, superior aos 90.000 quilómetros por hora. A explosión foi equivalente á de cinco toneladas de TNT (Trinitrotolueno. Composto químico explosivo) e tan brillante que calquera que tivese estado a observar a Lúa nese momento podería tela visto sen telescopio. Durante preto dun segundo, o lugar do impacto brillou coa intensidade dunha estrela de magnitude 4.

A diferenza da Terra, que conta coa protección da atmosfera, a superficie lunar está exposta ao contínuo bombardeo desta clase de pequenos obxectos que, no noso planeta, arden pola fricción, moito antes de tocar o chan.

  FONTE:Xornal abc/ciencia
 

0 comentarios