Blogia
vgomez

AS PILAS E BATERIAS DE CADMIO E MERCURIO TEÑEN OS DÍAS CONTADOS

AS PILAS E BATERIAS DE CADMIO E MERCURIO TEÑEN OS DÍAS CONTADOS

Recollida de pilas para a súa reciclaxe / Imaxe:que.es

O cadmio e o mercurio, substancias moi perigosas para o medio e a saúde, deixarán de utilizarse en diversos modelos de pilas, baterías e acumuladores producidos na Unión Europea. A prohibición, aprobada polo Parlamento Europeo (PE), entrará en vigor entre 2015 e 2016.

A prohibición do cadmio en baterías e acumuladores portátiles que están presentes en trades, desaparafusadores ou serras son algunhas ferramentas que utilizan este compoñente,  aplicarase dende o 31 de decembro de 2016.

A prohibición do mercurio nas pilas botón será en outono de 2015. Estas pilas, utilizadas en reloxos, xoguetes, controis remotos e outros aparatos de consumo común.

Ao igual que o cadmio (que é un canceríxeno e tóxico para o medio acuático), o mercurio é unha substancia química que pode resultar moi nociva para o medio e a saúde se non se trata de forma axeitada. Hai estudos que indican que unha soa pila de mercurio podería contaminar ata 600.000 litros de auga.

Cando a prohibición entre en vigor, só sepermitirán as baterías de níquel-cadmio (NiCd) en sistemas de emerxencia e iluminación como alarmas e equipos médicos. Noutras aplicacións estanse a substituír sobre todo por alternativas de ións de litio (Li-Ion).

As novas normas permitirán vender as pilas e acumuladores xa producidos ata que se esgoten as existencias. Os fabricantes terán que deseñar aparatos para que as pilas e acumuladores usados se poidan quitar con facilidade, polo menos por profesionais independentes.

FONTE: Revista Consumer/Medio Ambiente

0 comentarios