Blogia
vgomez

A MORTE DE "MING", O ANIMAL MÁIS VELLO DO MUNDO

A MORTE DE "MING", O ANIMAL MÁIS VELLO DO MUNDO

A vella ameixa «"Ming", de 507 anos, morta durante a súa inspección / Universidade de Bangor

A historia da morte da ameixa "Ming", o animal máis vello do mundo, uns 507 anos, ás mans dos seus investigadores conseguiu captar a atención de medio mundo ata o punto de converterse nunha absurda e surrealista trama de novela negra. Ante as queixas dalgúns enfurecidos amantes dos animais e a aparición dalgunhas interpretacións erróneas do suceso, os científicos que examinaron o exemplar, da Escola de Ciencias do Mar da Universidade de Bangor en Gales (Reino Unido), víronse obrigados a facer público un comunicado con algunhas aclaracións ao respecto. Aseguran que xamais tiveron a intención de rematar coa vida dun exemplar tan lonxevo, xa que antes de abrir a cuncha para examinala, proceso no que a ameixa morre inevitablemente, non podían saber de ningún xeito a súa idade.

O vello "Ming", da especie Arctica islandica, foi recuperado en 2006 durante unha campaña en augas costeiras islandesas que formaba parte dun proxecto de investigación sobre os cambios climáticos nos últimos 1.000 anos. Estas ameixas resultan moi útiles neste tipo de estudos, xa que conteñen rexistros moi significativos dos cambios climáticos mariños incrustados nas súas cunchas.

Para levar a cabo a investigación, os científicos recolleron espécimes vivos e restos de cunchas nun número restrinxido co fin de garantir un impacto mínimo nas poboacións. «Ming» foi recollida xunto con moitas outras ameixas e como que é imposible determinar a idade das ameixas ata que se abriron as súas cunchas, non había indicios da súa avanzada idade.

Os investigadores insisten en que "a idea de que sabiamos de antemán que era a especie máis lonxeva e foi destruída deliberadamente é claramente incorrecta".  

De tolos!

FONTE: Xornal abc/ciencia

0 comentarios