NOE FERREIRA GAÑA O X CONCURSO DE FOTOGRAFÍA BIOLÓXICA

Fotografía gañadora do primeiro premio no X Concurso de Fotografía Biolóxica
Noé Ferreira Rodríguez, socio de ANABAM e membro da súa xunta directiva obtivo o primeiro premio no X Concurso de Fotografía Biolóxica, convocado pola da Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo.
A obra premiada, retrata un lagarto arnal (Timon lepidus) na praia da Arda (Afife) durante o desenvolvemento do “Projecto Borrelho 2013”, proxecto encamiñado a protexer os niños de píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) no norte de Portugal, cando tomaba o sol sobresaíndolle a cabeza de entre as separacións existentes entre as baldas dunha das pasarelas de protección das dunas.
No concurso presentáronse 90 obras de 35 participantes.
Parabéns Noe!
FONTE: galiciasuroeste.info
0 comentarios