ESTA NOITE ROZARÁ A TERRA O ASTEROIDE 2000 EM26
Un asteroide do tamaño de tres campos de fútbol achégase á Terra. Este asteroide, que rozará a Terra na noite de hoxe, día 17, á madrugada de mañá, día 18, ten uns 270 metros de diámetro e navega no espazo cunha velocidade duns 12 quilómetros por hora.
Os científicos estiman que o asteroide 2000 EM26 achegarase coma se conmemorase a visita do seu "irmán" que rozou a Terra o 15 de febreiro do ano pasado e a caída do meteorito en Rusia. Non obstante, aseguran, non hai por que preocuparse: o punto máis próximo á Terra do seu camiño, que o astro alcanzará ás 02:00 GMT, estará a unha distancia que equivale a unhas 8,8 veces a lonxitude entre o noso planeta e a Lúa.
FONTE: actualidad.rt.com/ciencias
0 comentarios