AS DUNAS DE "STAR TREK" DE MARTE
Dunas con forma de V captadas pola sonda MRO /NASA
A espectacular imaxe con forma de V recorda ao emblema das naves de Star Trek , que levaban o Capitán Kirk e Spock nos seus uniformes. Pero aínda que custa crelo, son dunas sobre a superficie de Marte, nun gran crater preto dunha rexión denominada Mawrth Vallis. A impactante fotografía foi captada o pasado mes de decembro pola sonda Mars Reconaissance Orbite (MRO).
A curiosa estrutura das dunas débese ás formas que se van forxando polo efecto dos ventos que moldean a area, e pola propia topografía do cráter marciano.
A sonda MRO é unha nave lanzada en 2005 para explorar Marte, co fin de examinar potenciais zonas de aterraxe para futuras misións na superficie e realizar transmisións para estas. É o cuarto satélite artificial que orbita Marte (uníndose a Mars Express, Mars Odyssey e Mars Global Surveyor). En outubro de 2006 comezou a súa inserción en á órbita marciana para realizar detalladas análises da súa topografía.
FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia
0 comentarios