COIDADO AO REUTILAR AS BOTELLAS DE PLÁSTICO
Coidado coas botellas de plástico que reutilizamos / Imaxe:vitonica.com
Moita xente ten costume de gardar na neveira botellas de plástico das de auga mineral ou outro refresco para enchelas unha e outra vez con auga da billa ou de auga mineral que se atopa en bidóns de maior tamaño. O problema é que moitos plásticos conteñen toxinas (benceno, dioxinas, colorantes, bisfenois) que se transmiten ao líquido envasado.
É preferible usar botellas de plástico HDPE (recoñécense porque na base aparece un 2 dentro dun triángulo. Coidado pois hai moitas numeracións, que corresponden ao tipo de plástico de que esta feito), fabricadas cun material chamado poliestireno de alta densidade; en todo caso, hai que evitar que lles dea a luz e a calor e se amolezan, pois poderían liberar substancias ao líquido.
Dende logo o mellor é usar envases de vidro, que son impermeables aos aromas e á humidade.
FONTE:Revista Muy Interesante
0 comentarios