As augas do alcantarillado onde vértense os restos da industria química, dos hospitais, as augus fecais e a súa materia orgánica, os productos derivados do petróleo e perigosos virus e bacterias, forman os residuos sólidos urbanos. Unha amalgama de productos tóxicos que aconteceían acabar nas auguas fluviais ou mariñas, provocando enormes problemas de contaminación.
Na actualidade, a eliminación destes restos discurre por outro camiño: as plantas depuradoras de auga. Alí, extráense os líquidos e déixanse os materiais sólidos, que conformarán o chamado compost, utilizado como fertilizante ecolóxico.
Pero, que contén exactamente este compost? Segundo os expertos, está composto por materia orgánica e os estudios amosan a presenza de metais pesados prexudiciais para a saude e de substancias canceríxenas como os furanos.
O documental franco-canadiense "Una dieta de desechos" que emitíu TVE, o pasado domingo en Documentos TV, relata como na última década, miles de hectáreas de terras de labor foron fertilizadas con toneladas destes residuos altamente contaminantes.
Años despois, producíanse mortes sospeitosas, enfermidades e envelenamentos por alta concentración de metais pesados, nas zonas onde se empregaron estes residuos sólidos como fertilizantes, que alertaron á poboación e á comunidade científica.
Na actualidade, cidadans de Estados Unidos, Canadá, Francia ou Suiza enfróntanse ás grandes empresas productoras destes fertilizantes e aos sesu propios gobernos, quen aínda promoven nalgúns casos, o seu uso. Tan só as autoridades suízas prohibírono completamente.
Precísanse uns cincocentos anos de media para producir dous centímetros e medio de solo fértil. Cunha soa aplicación de compost de residuos urbanos pódese destruír algo que a natureza tardou 3.000 anos en crear.
Merece a pena ver o documental e facer unha reflexión!
FONTE: rtve.es
0 comentarios