PLESIOSAURIOS: O MISTERIO DA SÚA REPRODUCCIÓN
Ilustración do parto dun plesiosaurio / S. ABRAMOWICZ, NHM
Hai uns 80 millóns de anos, na era dos dinosaurios, os grandes predadores dos mares eran os plesiosaurios, réptiles acuáticos carnívoros con catro aletas e cunha forma de reproducirse que foi un misterio dende que hai 200 anos empezaron a identificarse os fósiles atopados, bastante numerosos. O estudio dunha femia de plesiosaurio preñada acaba de desvelar o misterio.
Este fósil do cretácico foi atopado en 1987 no Estado de Kansas (EE UU) e estaba almacenado nun museo pero ata agora non fora preparado para analizar. Despois deste proceso, quedou exposto no Museo de Historia Natural dos Ánxeles (EE UU), segundo publica a revistase Science.
O animal fosilizado estudado, de cinco metros de longo, é un exemplar bastante completo de Polycotylus latippinus, unha especie de plesiosaurio. O gran tamaño do feto que contén indica que os plesiosaurios eran vivíparos e que, ao contrario do que lle sucedía con outros réptiles acuáticos da época, parían unha soa cría en vez dunha camada de crías menos desenvolvidas.
FONTE: El País/Ciencia
0 comentarios