Blogia
vgomez

A QUINTA FORZA FUNDAMENTAL DA NATUREZA

 

Un equipo de físicos da Universidade de California en Irvine anunciou, nun artigo publicado hai uns días en Physical Review Letters, que o posible achado dunha nova partícula, descoñecida ata agora, podería ser a proba que se necesitaba para demostrar a existencia dunha quinta forza fundamental da natureza.

"Se fose certo (afirma Jonathan Feng, autor principal do artigo) sería algo revolucionario. Durante décadas, traballamos con catro forzas fundamentais: gravidade, electromagnetismo e as dúas forzas nucleares, forte e débil. Pero se se confirma con máis experimentos, o descubrimento dunha quinta forza cambiaría por completo nosa comprensión do Universo, e abriría as portas para entender como as varias forzas únense nunha soa e o que é a materia escura".

Ata agora, e a través do Modelo Estandar, a Ciencia explicou con extraordinaria precisión tres das catro forzas coñecidas (electromagnetismo, forza nuclear forte e forza nuclear débil), e para cada unha delas descubriu un "cuanto", unha partícula (un bosón) que transporta a unidade mínima de cada forza. Pero a cuarta, a gravidade séguese resistindo a ser "cuantificada" e é unha dos pesadelos máis recorrentes dos físicos da actualidade. A existencia dunha quinta forza podería, pois, ser a clave que nos faltaba para comprender de que está feito realmente o Universo.

Os investigadores partiron dun estudo levado a cabo a mediados de 2015 por un grupo de físicos experimentais da Academia Húngara das Ciencias, que buscaban "fotóns escuros", un dos posibles candidatos a ser o compoñente fundamental da materia escura, da que se sabe que é cinco veces máis abundante que a materia ordinaria que forma estrelas, planetas e galaxias. Os científicos húngaros descubriron entón unha desintegración radioactiva anómala, que non podía explicarse coas reaccións coñecidas e que apuntaba á existencia dunha nova partícula extremadamente lixeira, apenas trinta veces máis masiva que o electrón.

FONTE: José Manuel Nives/xornal abc/ciencia

0 comentarios