Blogia
vgomez

OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA NO MONTE SANTA TREGA

OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA NO MONTE SANTA TREGA

Constelacións / Imaxe:galeon.com

O próximo sábado, 27 de agosto, a partir das 23,00 horas, terá lugar unha nova xornada de observación astronómica na Guarda, desta vez dende o Monte Santa Trega. A observación, dirixida polo astrónomo Xosé Chacón, consiste nunha iniciación para poder interpretar o ceo nocturno coa axuda dun láser verde, para observar as principais constelacións e estrelas, a magnitude das mesmas, e a diferenza cos planetas e satélites.

Esta actividade ten unha duración aproximada dunha hora e, ao finalizar a mesma, os participantes poderán facer todas as preguntas que desexen ao noso convidado. En caso de mal tempo, a observación retrasarase ata o vindeiro sábado 3 de setembro, no mesmo lugar e á mesma hora. Recoméndase aos asistentes que leven roupa de abrigo, lanterna e prismáticos.

Os interesados en participar nesta actividade deben anotarse no teléfono do Concello da Guarda 986 610 000 (extensión de cultura) en horario de mañá (10:00 a 14:00 horas) antes do venres día 26. As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición.

FONTE: Concellería de Cultura do Concello de A Guarda.

0 comentarios