Blogia
vgomez

O MANTO TERRESTRE ALBERGA GRANDE CANTIDADE DE AUGA NO SEU INTERIOR

O MANTO TERRESTRE ALBERGA GRANDE CANTIDADE DE AUGA NO SEU INTERIOR

Ringwoodita / Imaxe:americaeconomia.com

Ao parecer o escritor Julio Verne non ía moi descamiñado cando en 1864 visionou unha "Viaxe ao centro da Terra" na que os protagonistas se atopaban un auténtico océano nas profundidades do noso globo. O descubrimento dun diamante rico en auga ofrece novas probas sobre a existencia de grandes volumes de auga nas profundidades da Terra.

O achado deste mineral chamado ringwoodita, foi posible grazas a un equipo de investigadores da Universidade de Alberta (Canadá) , os cales encontraron a pedra en 2008 no leito dun río brasileiro mentres buscaban outros minerais. O mineral saíu á superficie dende as profundidades da Terra debido a que probablemente tería sido arrastrado á superficie por unha rocha volcánica coñecida como kimberlita.

A análise deste determinou que o 1,5 % do seu peso é auga, o que equivale a unha cantidade significativa, confirmando así as teorías acerca da existencia de gran cantidade de auga no profundo da Terra. Os investigadores aclaran que é posible que entre 410 e 660 quilómetros cara ao interior da terra haxa tanta auga coma se unísemos todo o líquido dos océanos do planeta.

A ringwoodita podería ser o mineral máis abundante desta zona do manto (entre os mantos superior e inferior), segundo afirman os investigadores no seu estudo publicado na revista Nature. 

FONTE: Revista MuyInteresante

0 comentarios