O NORTE MAGNÉTICO NON ESTÁ FIXO NO MESMO LUGAR
O primeiro conxunto de resultados de alta resolución a partir de tres satélites da constelación Swarm da Axencia Espacial Europea (ESA) confirma unha tendencia que xa se observara nos últimos anos: o movemento do norte magnético dende Norteamérica, onde se encontra na actualidade, cara a Siberia. Este cambio, que podería acontecer en menos de medio século segundo anunciaron os xeofísicos xa hai varios anos, podería supoñer que as auroras boreais deixasen de aparecer nos ceos de Alasca para facelo en Siberia e o norte de Europa.
Explícao neste José Manuel Nieves no seu videoblog "Materia Oscura".
Onde apuntan os compases non será o mesmo sitio!
0 comentarios