Blogia
vgomez

AO PLANEXA KEPER-91 ESTÁ A PUNTO DE PASARLLE AO QUE Á TERRA TAMÉN LLE PASARÁ

AO PLANEXA KEPER-91 ESTÁ A PUNTO DE PASARLLE AO QUE Á TERRA TAMÉN LLE PASARÁ

Simulación artística do planeta Kepler 91-b, en negro, e a estrela xigante vermella KIC 8219268 / DAVID CABEZAS JIMENO

 

A 3.500 anos luz da Terra, fóra do noso Sistema Solar, hai un planeta a punto de ser devorado pola súa estrela, unha xigante vermella chamada KIC 8219268. Este planeta moribundo dende o punto de vista astronómico (para o que un millón de anos é un instante), foi descuberto dende o observatorio astronómico hispano-alemán de Calar Alto, en Almería, utilizando datos do telescopio espacial da NASA Kepler, que durante anos rastrexou o espazo á busca de pegadas que indicasen a posible presenza de planetas.

Os investigadores españois do Centro de Astrobiología (INTA-CSIC) que asinan este traballo sobre Kepler-Kepler-91b, como foi bautizado este mundo infernal, destacan que se trata do primeiro exoplaneta (é dicir, fóra do Sistema Solar) que foi confirmado utilizando instrumentos desenvolvidos no noso país.

Segundo este estudo, que será publicado proximamente na revista Astronomy&Astrophysics Letters, trátase dun xigante gasoso, cun tamaño un 30% máis grande ca Xúpiter. Se o comparamos co noso planeta, sería equivalente a unhas 15 Terras.

O equipo español confirmou que o obxecto chamado Kepler-Kepler-91b era un planeta mediante dúas técnicas distintas, pois os resultados do seu primeiro estudo foron cuestionados por outros investigadores, que sostiñan que non era un planeta. Primeiro, usaron unha técnica chamada variación elipsoidal, que só se utiliza para planetas masivos, de gran tamaño. Os resultados do seu traballo foron publicados a principios deste ano tamén en Astronomy&Astrophysics Letters.

Case simultáneamente se publicaron traballos doutros equipos investigadores que rexeitaban que Kepler-Kepler-91b fose un planeta baseándose en análise da súa curva de luz. Por iso, os científicos españois retomaron o estudo deste obxecto, aplicando esta vez a técnica da velocidade radial (que mide o pequeno movemento da estrela que se produce debido ao tirón gravitatorio do planeta no seu xiro). Os resultados obtidos confirmaron os do seu primeiro traballo, establecendo que Kepler-Kepler-91b era un planeta.

O seu tempo de vida máximo é duns 55 millóns de anos. Dito doutro xeito, o planeta xa consumiu o 99% da súa vida.

Chegará un día no que a Terra tamén será devorada polo Sol, cando este evolucione, envelleza e se converta outro tipo de astro. As estrelas pasan a maior parte da súa vida na fase adulta, que é pola que atravesa agora noso Sol. É unha fase longa e tranquila, na que adoitan ter máis ou menos o mesmo tamaño e temperatura. Cando se lle acabe o hidróxeno que hai no seu interior, que é o seu combustible, empezará a queimar helio, entón o seu núcleo irase contraendo e as capas exteriores expándense, facéndose moito máis grande. Mercurio, Venus, a Terra e Marte serían os primeiros planetas devorados polo Sol.

Aínda que para iso aínda falta moito tempo. Nada menos que 4.500 millóns de anos!

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

0 comentarios