Blogia
vgomez

COMO FUNCIONA A ILUMINACIÓN LED?

COMO FUNCIONA A ILUMINACIÓN LED?

Iluminación LED / Imaxe:bohemprojects.com 

 

A pasada semana os xaponeses Isamu Akasaki, Hiroshi Amano e Shuji Nakamura foron galardoados co premio Nobel de Física por inventar o diodo emisor de luz LED azul.

Mentres que unha lámpada normal conta cunha vida útil dunhas 5.000 horas, a vida útil dun LED é superior ás 100.000 horas de luz: estamos a falar de 11 anos de continua emisión lumínica.

Pero, como funcionan realmente os LED? Funcionan esencialmente baixo o principio que enunciou no seu día Albert Einstein segundo o cal algúns materiais ao ser sometidos a corrente, xeran luz. A base da tecnoloxía LED está baseada no díodo, este é un compoñente electrónico de dúas puntas que permite a circulación de enerxía a través del nun só sentido.

Os díodos emisores de luz (LED) son semicondutores. Cando os electróns pasan a través deste tipo de semicondutor, convértese en luz. Se se compara coas lámpadas incandescentes, as luces LED son máis eficientes en converter a enerxía en luz. E é por iso polo que, se as tocamos irradian menos calor que o resto de lámpadas.

Os LED teñen unha estrutura na que podemos destacar catro compoñentes básicos. Por un lado teriamos o material emisor semicondutor, que montado sobre un chip-reflector determina a cor da luz. Despois temos os postes condutores, o cátodo e o ánodo, e o cable condutor que a través do que se xuntan os dous polos. O cuarto elemento é unha lente que protexe ao material emisor do LED.

Ao pasar a electricidade a través dun deses díodos, os átomos excítanse a un gran nivel. Nese momento almacenan unha gran cantidade de enerxía e necesitan expulsala. Ao facelo, os electróns chegan ata o chip-reflector, momento no que se produce a luz.

FONTE: Xornal abc/ciencia

0 comentarios