O ESPERTAR DA NAVE NEW HORIZONS CON DESTINO A PLUTÓN
Recreación artística da nave “New Horizons” aproximándose a Plutón, onde chegará en xullo de 2015 / JHUAPL/SwR
Cando a nave espacial New Horizons foi lanzada en xaneiro de 2006, Plutón aínda era considerado un planeta do Sistema Solar e era o único que non fora visitado por unha sonda. Agora, cando está moi preto de chegar ao seu destino, este obxecto celeste perdeu a súa condición de planeta e descendeu á categoría de planeta anano, aínda que non perdeu un ápice do seu interese científico.
Despois dunha viaxe de nove anos e case 5.000 millóns de quilómetros (a maior distancia á que unha misión espacial nunca viaxase para alcanzar o seu objetivo) a New Horizons “espertou” onte para preparar o seu encontro con Plutón, previsto para 2015.
Os operadores no Laboratorio de Física Aplicada da Universidade Johns Hopkins confirmaron ás 15.53 horas (hora peninsular española) que New Horizons pasara con éxito do modo hibernación ao modo “activo”. A propia nave mandou un sinal para informar do seu espertar, que tardou catro horas e 26 minutos en chegar á Terra, debido á gran distancia a que se encontra.
O equipo pasará as próximas semanas asegurándose de que os seus sistemas e os instrumentos científicos están a funcionar correctamente. Tamén continuarán probando a computadora que guiarán New Horizons a través do seu voo cara a Plutón.
O seu traballo consistirá en caracterizar a xeoloxía e a topografía de Plutón e da súa lúa máis grande, Caronte (que mide a metade que Plutón). Estudará a súa estrutura, a composición da súa superficie e da súa atmosfera, e a temperatura. Tamén estudará as lúas máis pequenas de Plutón e intentará descubrir se ten satélites que aínda non foron descubertos (de momento sábese que ten cinco).
FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia
0 comentarios