Blogia
vgomez

OS DOUS PLANETAS EXTRASOLARES MÁIS PARECIDOS Á TERRA

OS DOUS PLANETAS EXTRASOLARES MÁIS PARECIDOS Á TERRA

Recreación dun dos oito planetas anunciados / DAVID A. AGUILAR (CFA)

Un grupo de astrónomos anunciaron, o pasado día 5, o achado de oito novos planetas extrasolares na zona coñecida como Ricitos de ouro ou Goldilocks (o anel ao redor dunha estrela no cal o fluxo da enerxía estelar permite á superficie terrestre dun planeta permanecer á temperatura adecuada para que exista auga en estado líquido). Isto duplica o número de planetas pequenos (de menos de dúas veces o diámetro da Terra) que se cre que están na zona habitable das súas estrelas. Entre estes oito planetas hai dous que, segundo os investigadores, son os máis similares á Terra achados ata o momento.

O achado, realizado polo Centro Harvard-Smithsonian para a Astrofísica (CfA), en Estados Unidos, foi anunciado nunha reunión da Sociedade Astronómica Americana, pero non foi publicado aínda por ningunha revista científica.

Os dous planetas máis parecidos á Terra son Kepler-Kepler-438b e Kepler-Kepler-442b. Os dous orbitan ananas vermellas que son máis pequenas e frías que o noso Sol. Kepler-Kepler-438b faino cada 35 días, mentres que Kepler-Kepler-442b o fai cada 112.

Kepler-Kepler-438b ten un diámetro un 12% maior que a Terra, e un 70% de posibilidades de ser rochoso, segundo os investigadores. O planeta recibe un 40% máis de luz que a Terra, e os astrónomos cren que ten un 70% de posibilidades de estar na zona habitable da súa estrela. 

Kepler-Kepler-442b, pola súa banda, é un terzo maior que a Terra, cun 60% de posibilidades de ser rochoso.

Antes destes dous planetas, os máis parecidos á Terra achados eran Kepler-Kepler-186f, a uns 500 anos luz do noso planeta, e Kepler-Kepler-62f, que é 1,4 veces máis grande que a Terra e recibe un 41% máis de luz. Para estar na zona habitable da súa estrela, un exoplaneta debe recibir polo menos a mesma luz que a Terra. Se recibe demasiada, a auga evaporarase. Se é moi pouca, conxelarase.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

0 comentarios