UN FÓSIL VIVIENTE: CHLAMYDOSELACHUS ANGUINEUS
A rara quenlla capturada en Australia / SETFIA.ORG.AU
Un grupo de pescadores atrapou en augas do sueste de Australia un exemplar do coñecido como “fósil vivente”:Chlamydoselachus anguineus, unha rara quenlla con volantes, cuxa especie se remonta a uns 80 millóns de anos.
Esta quenlla ten a cabeza e a cola como a dun escualo, aínda que o seu corpo é máis parecido ao dunha anguía, e dispón duns 300 dentes repartidos en 25 fileiras.
O exemplar, duns dous metros de longo, foi atrapado preto dos lagos Entrance, no estado australiano de Victoria.
Os científicos da Organización para a Investigación Industrial e Científica da Mancomunidade de Australia (CSIRO) confirmaron que se trata dunha quenlla con volantes, unha especie coñecida pola comunidade científica, pero raramente avistado polos pescadores.
Xeralmente este animal foi visto en profundidades de máis de 1.200 metros, aínda que o exemplar capturado estaba a uns 700 metros.
FONTE: Xornal abc/ciencia
0 comentarios