Blogia
vgomez

INVESTIGARTE NO NOSO IES

INVESTIGARTE NO NOSO IES

 

Por incrible que pareza ciencia e arte teñen máis elementos comúns que diverxentes. Aínda que perseguen obxectivos dispares ambas as dúas esixen calidades e formulacións similares e dalgunha forma recíprocas.

Ambas as dúas baséanse na experimentación, a observación e a busca de novas ideas que rompan co anterior abrindo novas fronteiras. Non esaxeramos se dicimos que a arte necesitou moita ciencia para conseguir (por medio de diferentes técnicas e tecnoloxías) producir ou reproducir paisaxes, retratos, ilusións, sensaciones,… Á súa vez, a ciencia necesitou de moita creatividade e imaxinación para buscar a solución a problemas aparentemente irresolubles así como para desenvolver experimentos cos que testar novas ideas.

O obxectivo de investigarte é precisamente este, indagar nos puntos comúns de ciencia e arte e dalos a coñecer aos interesados en ambas as dúas disciplinas.

Ata o próximo 9 de marzo estará no nos IES unha exposición itinerante onde se amosan algunhas obras gañadoras de edicións anteriores dun concurso que a fundación Barrie organiza co fin de dar a conocer as investigacións científicas actuais.

Non pases, párate diante dos totems que hai na planta baixa do IES. Merece a pena!


0 comentarios