Blogia
vgomez

O PLANETA MÁIS PARECIDO Á TERRA

 

Cando se cumpren vinte anos dende que Michel Mayor e Didier Queloz descubrisen o primeiro planeta fóra do noso sistema solar, os científicos da NASA acaban de presentar en sociedade a Kepler-Kepler-452b, un planeta de tamaño similar á Terra orbitando na zona habitable dunha estrela parecida ao Sol. A NASA cualificouno como "un curmán da Terra máis grande e máis vello".

Kepler-Kepler-452b é o planeta máis pequeno descuberto ata agora orbitando na zona habitable dunha estrela como o noso Sol. A NASA explicou en rolda de prensa que o planeta é un 60% máis grande que a Terra, polo que a gravidade na súa superficie sería o dobre, pero aínda así o seu tamaño permite aos científicos adiantar que o planeta é rochoso, cunha atmosfera máis densa e un bo número de volcáns activos. O sistema Kepler-452 encóntrase a 1.400 anos luz de distancia da Terra, na constelación de Cygnus.

Aínda que é máis grande, un ano en Kepler-Kepler-452b ten case a mesma duración que na Terra: tarda 385 días en completar a súa órbita en torno á súa estrela.

A zona habitable é a rexión ao redor dunha estrela onde as temperaturas son as axeitadas para que a auga de existir na súa forma líquida, polo que aumentan as posibilidades de que xurdise a vida. Tanto a Terra coma Kepler-Kepler-452b orbitan unha estrela con aproximadamente a mesma temperatura. Non obstante, a estrela de Kepler-Kepler-452b ten 6.000 millóns de anos, 1.500 millóns de anos maior que o noso Sol, polo que sería máis quente e máis brillante. Con Kepler-Kepler-452b, o número total de planetas confirmados alcanza os 1.030.

"Este achado apaixonante lévanos un paso máis preto de encontrar unha Terra 2.0. Este é ata agora o planeta que máis se asemella á Terra e algo que podemos chamar fogar", explicaron científicos do programa.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

0 comentarios