Blogia
vgomez

O XUÑO MÁIS CÁLIDO DO PLANETA

O XUÑO MÁIS CÁLIDO DO PLANETA

Os percentiles de temperatura 06-2015 Blended Land & Sea. Anomalía temperatura superficial en ° C / NOOA

O mes pasado foi o xuño máis cálido tanto en terra coma nos océanos dende que se teñen rexistros, segundo a Administración Nacional Oceánica e Atmosférica de EUA (NOAA).

A temperatura media global combinada sobre a superficie da terra e do océano en Xuño de 2015 foi a máis alta dende hai 136 anos, cun valor de 16.38 º C, 0.88 º C por enriba da temperatura media do século XX para un mes de Xuño, e rompendo o récord anterior de 2014 en 0.12 º C.

Tamén Xuño de 2015 foi o cuarto mes deste ano que bateu o seu récord de temperatura mensual, xunto con Febreiro, Marzo e Maio. Se se ten en conta o período dende Xullo de 2014 ata Xuño de 2015, obtense o período de 12 meses consecutivos máis cálido dende 1880, cunha anomalía de 0.83 º C por enriba da media.

Sobre a superficie terrestre, a temperatura media global foi de 14.56 º C, 1.26 º C por enriba da media do S. XX, a temperatura máis alta rexistrada en Xuño dende 1880. As temperaturas máis altas da superficie terrestre do planeta rexistráronse ao oeste de Estados Unidos, partes do norte de Sudamérica, varias rexións dende o centro ao oeste de África, o centro de Asia arredor e ao leste do Mar Caspio, e en zonas do sueste de Asia. Ao oeste de Groenlandia e noutras áreas da India e China, rexistráronse temperaturas máis baixas que a media, e o norte de Paquistán foi moito máis frío do normal.

FONTE: eltiempo.es

0 comentarios