AVISTAMENTO DE BALEAS AZUIS EN GALICIA
A especie "Balaenoptera musculus" (balea azul), o animal máis grande do planeta, empeza a deixarse ver con frecuencia en augas galegas. É unha noticia fantástica desde o punto de vista ambiental, pero tamén desde unha perspectiva turística.
Foron avistados dous exemplares fronte á ría de Arousa, un adulto de máis de 20 metros de longo e outro xuvenil, un pouco máis pequeno. Tivo lugar a bordo do "Chasula", un pesqueiro reconvertido en barco escola que patronea Isidro Mariño e realiza expedicións de carácter turístico e científico polas rías galegas e sobre a plataforma continental, neste caso para localizar aves peláxicas e cetáceos.
Iste "espectacular avistamento" súmase a outro recente realizado polo Instituto para o Estudo dos Mamíferos Mariños (BDRI), fronte ao municipio coruñés de Cariño (A Coruña) e que vedes no vídeo superior.
Boa noticia!
FONTE: farodevigo.es
0 comentarios