ESPECIES ENDÉMICAS DE ANIMAIS DE ESPAÑA III
Continúo coa serie adicada as especies endémicas de animais de España. A maioría delas están en risco, e merece a pena coñecelas para poder protexelas mellor.
3. CABRA MONTESA
A cabra montesa (Capra pirenaica) atópase nas zonas montañosas do Sueste español, onde atopa rochas inaccesibles onde protexerse dos seus depredaores. É capaz de rubir alí onde non chega ninguén máis, e aliméntase de todo tipo de herbas, incluíndo as ramas madeireiras dos arbustos. Está en perigo pola caza.
É unha especie con forte dimorfismo sexual, do mesmo xeito que moitos outros bóvidos. As femias miden uns 1,20 metros de longo e 60 cm de altura na cruz, pesando entre 30 e 45 quilos de peso. Teñen cornos bastante curtos e parécense bastante a unha cabra doméstica. Os machos, en cambio, poden chegar aos 148 centímetros de longo e ter unha altura de 77 centímetros na cruz, acadando un peso máximo de 110 quilos. Os cornos dos machos son notablemente grosos e poden chegar a ser o triplo de longos que os das femias. Están máis separados entre si cós cornos doutras especies do xénero Capra. Os machos adultos teñen tamén unha cara máis alongada e a típica barba de chivo escura baixo a mandíbula.
Mañá, outra especie endémica animal de España!
FONTE: Idea orixinal Amina Jover/quo.eldiario.es/ciencia e es.wikipedia.org Imaxe: RaMaOrli
0 comentarios