Facebook Twitter Google +1     Admin

TEMPORADA DE COGOMELOS

Publicado: 10/10/2015 08:47 por vgomez en ZONA VERDE
20151009193649-saida-do-dia-9.jpg

Cogomelos recollidos o 9/10/2015 / Imaxe: Víctor

Onte á tarde fixen unha saida ao monte, na compaña da miña dona, coa fin de recoller cogomelos. Apañei varios níscalos ou robellóns (Lacatarius deliciosus), e uns poucos cantarelos (Cantharellus cibarius).

Anímovos a que disfrutedes na natureza, e que fagades o mesmo coa vosa familia, pero hai que ter moito coidado á hora de recollelos sobre todo cando sexamos principiantes.

Uns consellos:  Nunca collades exemplares de cogomelos sen estar seguros que é unha especie comestible. Facédeo na compaña dalgún experto. En caso de dúbida non consumir. E sempre con cesta e navalla para cortar. Nunca arrincar.

Se queredes investigar tedes unha guía para facelo premedo AQUÍ.

Por desgraza hai persoas que esquilman os montes e campos destes froitos da natureza, sen ningún reparo. Penso que aquí tamén hai que aplicar o principio de sostibilidade, é dicir utilizar estes recursos pero dun xeito racional, para garantir que as xeracións vindeiras e nós mesmos, no futuro, poidamos seguir disfrutando deles.

Para ampliar un chisco maís isto, anímote a que vexas a seguinte infografía, obtida de revista Consumer. Para facelo só tes que premer AQUÍ.

Gozade do monte, pero con respecto. Espero que sexa un bo ano para os amantes dos cogomelos!

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.