SIMBIOSE DE ALGAS E CORAIS

Imaxe: Jessica Levy / El País
Unha nova investigación revela que certas combinacións de coral e especies de algas son máis tolerantes ás temperaturas extremas que outras, e, por tanto, teñen máis posibilidades de sobrevivir e adaptarse ás condicións cambiantes do océano provocadas polo cambio climático. O estudo, dirixido por biólogos mariños da Universidade de Penn State, publicouse o pasado 26 de outubro na revista "Scientific Reports". "A nosa investigación ofrece un raio de esperanza: os corais poden responder e sobrevivir ao cambio climático, a condición de que non sexa demasiado rápido", aseguran.
FONTE: Xornal El País/Ciencia
0 comentarios