ASOMADOS A BOCA DO INFERNO
A boca do inferno / IGOR SASIN
O pozo ardente da foto, tomada o 3 de maio de 2014 preto do pobo de Darvaza, en Turkmenistán, Asia Central, tamén é coñecido como Porta do Inferno. Leva ardendo sen interrupción desde hai 44 anos, e aínda que parece un volcán, este enorme cráter de 69 metros de diámetro e 30 metros de profundidade que se abre en metade do gran deserto de Karakum, é en realidade obra humana: formouse en 1971, cando un equipo de enxeñeiros e geólogos rusos que realizaba prospeccións na antiga república soviética peforó por accidente unha caverna chea de gas, provocando o seu derrube e creando un buraco que se tragou o campamento e a maquinaria. Para recuperar o equipo, aos técnicos non se lles ocorreu outra cousa que prenderlle lume e esperar a que o gas se consumise, pero fallaron nos seus cálculos: Turkmenistán alberga unha das maiores reservas de gas natural do mundo, e ninguén sabe cando se apagará. De momento, converteuse nun dos reclamos turísticos do país e da Ruta da Seda.
FONTE: Xornal El País
0 comentarios