Blogia
vgomez

SOBRE O PEGAMENTO

A historia do pegamento e a historia da humanidade sempre viaxaron da man. Hai algúns anos un grupo de científicos descubriu a evidencia máis antiga do uso de pegamento, un adhesivo que foi usado polos neandertais hai uns 200.000 anos para deseñar as súas lanzas. Parece ser que aquel primeiro pegamento estaba fabricado a partir de alcatrán elaborado con cortiza de bidueiro.

Tamén existen sospeitas de que Otzi, o home de xeo, leva pegamento na súa ’equipaxe’ cando foi asasinado. Entre as súas pertenzas atopáronse un machada de cobre e dúas frechas con puntas de sílex, unha delas con restos dun pegamento orgánico: brea.

Se avanzamos na liña do tempo e penetramos na Historia, un dos pegamentos máis utilizados foi, sen dúbida, a cola animal, que se preparaba con tendóns, pel e ósos de diferentes animais. A mezcolanza cocíase nunha pota e removíase ata conseguir unha xelatina viscosa que, a temperatura ambiente, solidificábase.

Noutros casos os pegamentos realizábanse con caseína (proteína procedente do leite), amidón, caucho ou, mesmo, coa vexiga natatoria dalgúns peixes. En todos os casos conseguíanse substancias compactas que se introducían nos poros das superficies para fixar. En xeral, estas substancias adhesivas eran pouco duradeira, sufrían os efectos nocivos dos microorganismos e tiñan demasiadas impurezas.

A situación cambiou en 1912 cando o químico alemán Fritz Klatte descubriu o polivinilacetato, un composto químico que revolucionou o mundo dos pegamentos. Tratábase dunha substancia liquida e de fácil aplicación, que baseaba a súa adherencia na formación de ligazóns químicas.

E é que entre o adhesivo e o substrato establécense ligazóns de tipo iónico e/ou covalente, motivo polo cal debe existir entre ambos certa afinidade química. Cando isto non é posible hai que recorrer a aditivos parellos a ambos e que permita a selaxe firme das pezas.

Cando as forzas intermoleculares desenvólvense entre moléculas iguais dise que existen forzas de cohesión, mentres que se se desenvolven entre moléculas diferentes denomínanse forzas de adherencia.

Os pegamentos de fraguado rápido son monómeros de cianoacrilato, unha substancia que necesita entrar en contacto coa auga da atmosfera ou outra substancia rica en hidróxeno para polimerizarse, o cal permite, finalmente, unir as dúas superficies. Para evitar que esta reacción teña lugar dentro do tubo, na súa fabricación introdúcese osíxeno en forma de aire seco, para que inhiba a polimerización.

Na natureza tamén temos exemplos de pegamentos resistentes. Así, por exemplo, os gecos, eses lagartos de hábitos nocturnos que son capaces de camiñar polo teito, teñen nas súas patas numerosas microvellosidades que lles permiten adherirse ás porosidades de calquera superficie mediante forzas de Van der Waals, que son, á súa vez, o suficientemente débiles para que se poida despegar e seguir camiñando.

Moi posiblemente o pegamento máis forte xamais empregado atópese na natureza, concretamente nos balánidos ou landras do mar, unha das pragas máis frustrantes para a industria marítima, xa que se adhiren ao casco dos barcos e dificultan a súa navegación.

O seu «poder magnético», que xa foi descrito por Charles Darwin, débese a unha substancia formada por dous compoñentes, un líquido aceitoso e outro adhesivo en si mesmo -unha fosfoproteína- que se robustece ata formar un material resistente. Ao parecer, o elemento aceitoso actúa como unha capa hidrofóbica que permite á fosfoproteína asentarse sobre a superficie.

Este achado abre a xanela ao descubrimento de novos adhesivos, máis potentes e con capacidade de actuar en situacións extremas.

FONTE: Pedro  Gargantilla/abc.es/ciencia

0 comentarios