UN MISTERIOSO OBXECTO CAERÁ Á TERRA MAÑÁ
Imaxe do lixo espacial que orbita arredor da Terra / NASA
Un obxecto duns tres metros de longo, nunha órbita que excede a Lúa, caerá á Terra mañá venres, pola mañá. Será no océano Índico, ao sur de Sri Lanka. Os expertos están a seguilo e non teñen claro a súa orixe: pode ser un meteorito, pero tamén un fragmento dalgunha misión da época da exploración lunar. Denomínase WT1190F e non supón ningún risco de impacto en zonas habitadas.
En canto ao tamaño de WT1190F, calcúlase que está entre un metro, se é moi brillante, e seis metros, se é máis escuro, continúa este especialista.
A densidade calculada destes obxectos é determinante para a súa identificación como refugallo artificial ou como obxecto celeste natural. Dado o altísimo custo que supón enviar calquera carga ao espazo, os enxeñeiros afánanse para reducir o seu peso e resultan extremadamente lixeiros en comparación cunha roca, que ten moita maior densidade.
O curioso de WT1190F é que foi descuberto hai pouco polos sistemas de observación e seguimento de obxectos próximos á Terra e especúlase que pode ser un fragmento identificado hai anos e do que se perdeu a súa pista.
FONTE: Xornal El País/ciencia
0 comentarios