CINE: "STAR WARS: O ESPERTAR DA FORZA"
Esta fin de semana chega aos cines a película Star Wars: O espertar da Forza, a nova triloxía da Guerra das Galaxias. Esta é a súa ficha técnica:
Título: Star Wars: O espertar da Forza
Título Orixinal: Star Wars: The Force Awakens
Xénero: Aventura. Fantasía
Nacionalidade: USA
Ano: 2015
Duración: 136 minutos
Director: J.J. Abrams
Produtora: Lucasfilm / Bad Robot / The Walt Disney Company
Guión: Lawrence Kasdan, J.J. Abrams
Música: John Williams
Fotografía: Daniel Mindel
Reparto: Harrison Ford, Mark Hamill, Domhnall Gleeson, Carrie Fisher, Andy Serkis, Adam Driver, Oscar Isaac, Daisy Ridley, Peter Mayhew, John Boyega, Max von Sydow, Kenny Baker, Anthony Daniels.
Sinopse: Trinta anos despois da vitoria da Alianza Rebelde sobre a segunda Estrela da Morte, a galaxia está aínda en guerra. Unha nova República levantouse, pero a Primeira Orde rexurdiu das cinzas do Imperio Galáctico. Moitos dos heroes de antes, Leia Organa, Han Solo, Chewbacca, R2-D2 e C-3PO están aínda activos e loitando na Resistencia contra este grupo. Loitan xunto a novos heroes como: Poe Dameron, un piloto de cazas estelar; Finn, un antigo soldado de asalto da Primeira Orde que tomou o sabre de luz que pertenceu a Anakin Skywalker e máis tarde a Luke Skywalker; Rei, unha chatarreira; e un androide rodante coñecido como BB-8. Eles opóñense a novas e poderosas forzas, incluíndo o Capitán Phasma da Primeira Orde e Kylo Ren, un temible e misterioso membro ao lado escuro que empuña un sabre de luz vermella de inusual deseño.
Moi esperada!
0 comentarios